Novamente, por terceiro ano consecutivo, outra alumna do colexio é finalista do certame literario Carta a un militar español, convocado pola Subdelegación de defensa de Pontevedra.
Nesta undécima edición, baixo o lema Allí donde nos necesites, o traballo da alumna Clara Rubio Alonso (4 ESO) abordou a perspectiva dunha rapaza que transmite como a familia dun mozo médico militar fai fronte á súa ausencia e á incertidume ante cada misión a emprender. Un relato repleto de emoción e recoñecemento ao labor de cantos homes e mulleres que, xenerosamente, pón a súa vida ao servizo do seu país e a cidadanía. As autoridades militares presentes no acto, celebrado esta mañá na sede da institución -con cobertura radiofónica a cargo da COPE- salientaron a carga emotiva, así como a calidade dos traballos galardoados, e entregaron premios aos alumnos e diplomas aos centros educativos seleccionados.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #secundaria




