XERACIÓNS UNIDAS POR HISTORIAS

O venres, 25, conmemorando a semana do libro, tres grupos de alumnas de Oratoria viviron unha emotiva experiencia coas persoas usuarias do centro de día Mirador do Val, de O Rosal. 

A actividade, produto final dun proxecto interdisciplinar que abrangueu as áreas de Tecnoloxía (1 ESO), Ed. Plástica e Audiovisual e Oratoria (ambas, en 3 ESO) consistiu na representación de tres relatos mediante a técnica xaponesa denominada kamishibai (historias narradas co apoio de ilustracións en relevo que se extraen dunha caixa de representación, a modo de teatriño). 

As tres historias redactadas polas alumnas, que falaban de experiencias de vida e relacións humanas, lembranzas e soños cumpridos, foron moi aplaudidas polo agradecido público, o que deu pé a escenas moi emotivas.

Tanto é así que xa quedamos convidadas a voltar para repetir… e alongar a experiencia!

#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educaciónsecundaria