Este mércores 23 de abril de 2025 o alumnado dos curso de 3º, 5º e 6º de EP do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere visitaron a exposición sobre a enerxía na Casa dos Alonsos, sede do Concello. Nesa exposición os alumnos e alumnas de 3º e 4º de EP do colexio das Carmelitas expuxeron as maquetas dos proxectos que realizaron este curso sobre a enerxía e a súa transformación. A visita estaba repartida en catro partes: un circuíto de carreiras de coches propulsados polo vento, unha aldea intelixente, unha cidade intelixente e unha mostra de diferentes aplicacións da enerxía. E o máis interesante foron as explicacións que cada artífice deu do seu propio proxecto a todos os que íamos pasando por alí, demostrando un gran dominio da materia que estiveron traballando. Parabéns ao colexio das Carmelitas.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #salvaraenerxía #educaciónprimaria















