Saberías dicir que riscos agochan os móbiles? O noso alumnado de 6º de Primaria cóntacho

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria estiveron investigando sobre un tema que nos afecta a todos: os perigos dun uso inadecuado do móbil. 

Despois de debater e buscar información, descubriron algúns riscos que moitas veces pasamos por alto:
Ciberacoso: insultos e ameazas a través das redes sociais.
Sexting: compartir fotos privadas sen pensar nas consecuencias.
Privacidade: descoñecer quen pode acceder á nosa información.
Adicción: non poder deixar o móbil nin para durmir.
Grooming: adultos que enganan menores a través de internet.
Contido inapropiado: imaxes ou vídeos que non deberían ver.
Con todo o aprendido, crearon un mural informativo con consellos e solucións para axudar a outros compañeiros e ás súas propias familias. Porque usar o móbil con sentido común é cousa de todos.
Como poden axudar as familias?
Nunha das imaxes adxuntas atoparedes algúns trucos sinxelos para acompañar aos vosos fillos e fillas no uso seguro e responsable do móbil.
No Colexio Padres Somascos, apostamos pola educación dixital e polo benestar do noso alumnado. Parabéns polo traballo, rapaces!

#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educaciónprimaria #ciberseguridade #educacióndixital



