Día Mundial do teatro

Nesta xornada conmemorativa do día Mundial do Teatro celebrada anualmente desde 1961, o alumnado de 2º de Primaria fixo unha pequena representación teatral na biblioteca do colexio . Conta como se sente Carlitos, un ogro que comeza o colexio moi enfadado, xa que é o primeiro da súa familia en ir á escola.
A través desta divertida representación, os nenos non so traballaron a oratoria e a expresión corporal, senón que tamén transmitiron importantes valores sobre a amizade e a superación dos medos.
Parabéns a todos os pequenos actores polo seu gran traballo!

#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #biblioteca #díamundialdoteatro #educaciónprimaria