Desde a etapa de Infantil co seu traballo da prensa, pasando pola elaboración dun libro con debuxos da muller máis importante na vida de cada alumno/a na etapa de primaria e a visualización de vídeos de mulleres senlleiras en áreas como a ciencia, a domótica e a tecnoloxía, a moda e cosmética xa na etapa de secundaria, vivimos un día de aprendizaxe, reflexión e compromiso cun mundo máis igualitario!
Así nos cursos superiores de primaria, visualizaron unha curtametraxe para a prevención da violencia de xénero, promovendo valores de respecto e equidade. Tamén traballaron o ODS 5 (Igualdade de Xénero) a través dun vídeo educativo onde descubriron os desafíos actuais e a importancia de construír unha sociedade máis xusta.
Na etapa da ESO, nas clases de inglés de 3º e 4º de ESO coñeceron e investigaron sobre o importante legado das mulleres ao longo da historia.
Sabiades que o refrixerador, o lavapratos, a lavadora, algúns sistemas de preservación dos alimentos, a enciclopedia mecánica -precursora do libro electrónico- e mesmo unha casa autolimpable, entre outros moitos inventos, foron obra de mulleres?
Deámoslles o recoñecemento que se merecen escribindo a historia, tamén, en feminino.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #8m










