23F Día de Rosalía

Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, que oficialmente se celebra o 23 de febreiro, este venres 21, a comunidade educativa homenaxeou á autora de Padrón cunha serie de traballos sobre súa vida e obra, afondando nos seus versos e no seu legado literario en xeral. Ademais, como parte da homenaxe, cada estudante levou unha simbólica  medalla elaborada especialmente para a ocasión, así como un adhesivo que recordaba a súa emblemática imaxe.

#colegiopadresomascos #fundacióneducere #somoseducere #unlugarparacrecer #DíadeRosalía #escuelainfantil #educacióninfantil #educaciónprimaria #educaciónsecundaria #23F