11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado 11 de febreiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2015. Cada ano realízanse en todo o mundo actividades para promover a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas no eido científico. 

No noso centro, para celebrar o X aniversario desta data, o alumnado de primaria fixo un percorrido pola vida e obra de mulleres científicas que plasmaron nun mural.

Velaí unha pequena mostra da actividade.

#colegiopadresomascos #fundacióneducere #somoseducere #unlugarparacrecer #educaciónprimaria #11F #DíaInternacionaldaMullereaNenanaCiencia