Cando importa máis a emoción que a idade

Esta mañá, o grupo de 4 EI, que soe participar no intercambio de experiencias co centro Monte Tecla, ampliou a súa colaboración con outra entidade asistencial da terceira idade exercendo de anfitrión dun grupo de  usuarias do centro de día Mirador do Val, de O Rosal. 

Xuntos, realizaron unha  actividade na aula de psicomotricidade e exerceron de guías amosándolles a capela- que, por certo, lles encantou-.

Para rematar, ofrecéronlles un pequeno agasallo-merenda a base de froita. 

Porque, independentemente da idade, hai que se coidar… 

#colegiopadressomascos #fundacióneducere #educacióninfantil #MiradordoVal #ORosal #experiencias #unlugarparacrecer #somoseducere