SAN XEROME EMILIANI (6-7-8 de febreiro)

O pasado xoves 6 de febreiro a comunidade educativa do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere celebrou a festa do seu padroeiro San Xerome Emiliani. Ás 11 da mañá fíxose unha xuntanza de todos os cursos no patio cuberto do colexio onde, ante a pancarta de San Xerome, deuse o «campanazo» inaugural das festas. Acto seguido, os maiores de EI, o  alumnado de EP e da ESO trasladouse á igrexa parroquial onde tivo lugar a misa dedicada ao Fundador. De volta ao colexio os nosos relixiosos  ofreceron unha merenda para toda a comunidade, un chocolate con churros (mil este ano), que fixeron as delicias de alumnado e profesorado. E a continuación o P. Vidal fixo saltar a todos co seu icónico xogo: “A la charca, a la orilla”. O día seguinte celebrouse o tradicional Tesouro, nesta ocasión dedicado ao «xenSomasco». Como sempre foi un éxito de participación e as rúas da Guarda volveron a ser testemuña da vitalidade da mocidade somasca dende primeira hora da mañá. Este ano o xogo remataba na Praza Avelino Vicente, e resultaron gañadoras un grupo de alumnas de 2º ESO.

#colegiopadresomascos #fundacióneducere #somoseducere #unlugarparacrecer #escuelainfantil #educacióninfantil #educaciónprimaria #educaciónsecundaria #sanxerome