Día 5. Último día da neve e regreso a casa. Venres 31 de xaneiro.

Hoxe levantámonos moi cedo, ás 7,30 de mañá, e as 8 xa estabamos almorzando. O obxectivo era aproveitar ao máximo a espléndido día que amañecera. Ao rematar o almorzo, uns representantes dos alumnos fixeron entrega duns agasallos ás persoas que estiveran pendentes deles nestes días: o condutor, os monitores Martín e Yasmine, e a cociñeira Conchita. Foi un momento emotivo, tralo cal nos despedimos da localidade asturiana de Felechosa e partimos rumbo a estación de San Isidro. Neste magnífico e soleado día a estación estaba a tope de esquiadores, e os dezaoito nenos e nenas disfrutaron da súa última clase de esquí. Trala comida, ás 3 da tarde iniciamos a viaxe de volta, esta vez por León e Zamora, a cal transcorreu sen incidencias. Finalmente, a iso das 10 da noite, chegamos á Guarda onde estaban esperando os seus pais. En resumo, unha experiencia preciosa para os seus protagonistas, demostrando que son uns nenos educados, autónomos e vitais. Parabéns a todos.

#colegiopadressomascos #fundacióneducere #somoseducere #unlugarparacrecer #excursión #neve #educaciónprimaria