Día 4. Un día sen poder ir a neve. Xoves 30 de xaneiro.

Hoxe levantámonos un pouco máis tarde, ás 8,30 de mañá, e iso por dúas razóns: para que puideran durmir media hora máis e tamén, ante as abundantes nevadas que se estaban producindo, para dar tempo a que os quita neves limparan as estradas de acceso á estación de esquí. Finalmente, o exceso de neve impediu que se puidera ir ata alí nesta xornada. Por tal motivo os monitores continuaron coa  película onde quedara o día anterior e organizaron una serie de xogos e actividades no propio albergue durante toda a mañá. Despois de comer, os nenos e nenas foron a realizar unha ruta de sendeirismo. De regreso, trala ducha, tiveron que facer as maletas e deixalas preparadas para o día seguinte; e antes de cear tivo lugar a terceira e última quenda de chamadas dos pais. Ao remate da cea, os monitores puxeron a todos a bailar cunha sesión de “Just Dance”, na que se fixo evidente que tiñan moitas enerxías por desgastar… Finalmente, a iso das 11 subiron todos a durmir á espera da última xornada.

#colegiopadressomascos #fundacióneducere #somoseducere #unlugarparacrecer #excursión #neve #educaciónprimaria