Día 3. Segundo contacto coa neve. Mércores 29 de xaneiro.

Ao igual que o día anterior, levantámonos ás 8 de mañá, almorzamos e, a iso das 10, os nenos e nenas montaron no autobús rumbo a estación de esquí de San Isidro. Aínda que a primeira hora a estación estaba cerrada por causa do vento, ao pouco tempo xa abriu e puideron ir ta alí onde recibiron a segunda clase de esquí, igualmente en dous grupos. En esta xornada practicaron xa a deslizarse pola pista pequena. Despois das clases foron a comer, e pola tarde se dedicaron a xogar coa neve, sobre todo con batallas de bolas de neve; tamén fixeron bonecos e os monitores lles puxeron música e fixeron bailes sobre a neve. Foi unha xornada moi intensa e o cansazo notouse na viaxe de volta pois o silencio reinou no autobús durante todo o traxecto. Ao chegar ás habitacións puxeron a secar botas e guantes nos radiadores e se ducharon. Ao igual que no día anterior, antes de cenar deron unha voltiña polo pobo e a segunda quenda de alumnos recibiron as chamadas dos seus pais. Despois de cenar, os monitores da lles puxeron unha película, aínda que só viran a metade pola necesidade da maioría de ir a descansar. Fora un día duro.

#colegiopadressomascos #fundacióneducere #somoseducere #unlugarparacrecer #excursión #neve #educaciónprimaria