Día 2. Primeiro contacto coa neve. Martes 28 de xaneiro.

Levantámonos ás 8 de mañá, almorzamos e, a iso das 10, os nenos e nenas se montaron no autobús rumbo a estación de esquí de San Isidro. Durante a viaxe, que dura media hora, fixeron unha parada para recoller cascos, esquís e botas. Unha vez na estación se encontraron cun día frío e ventoso, e estivo nevando case todo o tempo. Pasadas as 11 se dividiron en dous grupos para recibir as primeiras clases de esquí a cargo de monitores da estación. Foi entón cando se deron conta do difícil que é este deporte, producíndose moitas caídas e arrastres por vento. Despois das clases foron a comer, e pola tarde se dedicaron a xogar, sobre todo con batallas de bolas de neve; tamén fixeron bonecos e se deslizaron polas pendentes. Despois de divertirse xogando se montaron no autobús e regresaron a Felechosa, onde nos hospedamos. Ao chegar puxeron a secar botas e guantes nos radiadores e se ducharon. Antes de cear deron unha voltiña polo pobo e a primeira quenda de alumnos recibiron as chamadas dos seus pais. Despois de cenar, os monitores da excursión lles fixeron un montón de actividades e xogos, nos que amosaron ter aínda enerxía para rato.

#colegiopadressomascos #fundacióneducere #unlugarparacrecer #excursión #neve #educaciónprimaria