Día 1. A viaxe de ida. Luns 27 de xaneiro.

Saímos da Guarda ás 10 da mañá. A viaxe discorreu sen novidade, iso si, sempre chovendo. Antes de entrar na provincia de Lugo paramos en Guitiriz para facer un descanso. Despois continuamos rumbo a Asturias, e ao entrar nesa comunidade deixou de chover, e ata saíu o sol. Chegamos á cidade de Oviedo pasadas as tres e media e nos fomos a comer a un parque. Alí nos fixemos a famosa foto no banco de Mafalda e logo demos un paseo ata a catedral e a zona vella da cidade. A continuación recolleunos o autobús que nos levou ata o lugar onde imos a estar toda a semana: Felechosa, concretamente nos apartamentos “El Molin de Eloy”. Despois de acomodarnos cenamos e trala cea os monitores lles explicaron aos nenos e nenas o que ían a vivir mañá na montaña, na estación de San Isidro, especialmente todo o relativo á indumentaria. Finalmente nos diriximos ás habitacións onde descansamos á espera dese primeiro contacto coa tan ansiada neve.

#colegiopadressomascos #fundacióneducere #unlugarparacrecer #excursión #nieve #educaciónprimaria