Charlas sobre o “Bosque Frondoso” (20 de xaneiro)

O luns 20 de xaneiro de 2025 os alumnos de Primaria do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere recibiron una charla, ofrecida polo Concello, sobre a importancia dos “bosques frondosos”. Viñeron ao cole varios especialistas, entre eles un bombeiro, para concienciar aos nenos –e ás súas familias– da gran utilidade que teñen os bosques de sobreiras, castiñeiros ou carballos, xa que frean o avance do lume. Especialmente cando estes bosques frondosos rodean ás vivendas. E tamén para identificar as árbores que son “amigas” do lume como os piñeiros, os eucaliptos ou as acacias. Algúns cursos xa viñan preparados con brotes de castiñeiros que plantaran a principios de curso, e tiñan a posibilidade de doalos ao Concello ou transplantalos as terras da familia. A meirande parta decidiron levalos para as súas casas.

#colegiopadressomascos #fundacióneducere #unlugarparacrecer #educaciónprimaria #bosquesfrondosos