Sumámonos de xeito activo ao acto organizado polo Concello para o rexeitamento da violencia de xénero neste 25-N.
O centro cultural acolleu esta mañá a alumnado de diferentes centros educativos da localidade e outras entidades sociais, unidos baixo unha mesma consigna: rexeitar a violencia machista e lembrar as súas vítimas.
No acto, amenizado polos acordes da guitarra da cantautora cambadesa Pauliña, interviron representantes do goberno local. Tras eles, alzouse a voz do alumnado de diversas formas: unha emotiva canción de Amaral, poemas, manifiestos…
O grupo de 3º ESO do noso colexio aportou a esta causa unha reflexión e un poema co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de romper o silencio e lembrar as vítimas.
Pechou o acto a voz de Pauliña, con melodías adicadas á figura das nais, avoas e á muller, en xeral.
#colegiopadressomascos #fundacióneducere #unlugarparacrecer #25N #educaciónsecundaria


