Esta semana o alumnado do Colexio amosou unha vez máis a súa solidariedade cos máis desfavorecidos, neste caso cos damnificados pola terrible DANA que asolou a comunidade valenciana. Atendendo a unha campaña urxente organizada pola alcaldía da Guarda, a comunidade púxose en marcha: habilitouse unha zona de recollida, fíxose un cartel e difundiuse a mensaxe por diversas vías. Así, dun día para outro, o martes día 5 toda a comunidade escolar trouxo ao colexio todo tipo dos produtos demandados. E ao día seguinte, mércores 6 de novembro, cunha cadea humana de alumnado de 4º ESO, fíxose o traslado dende o punto de recollida ata o camión do GES do Concello. Unha proba máis, sempre emocionante, da inmensa solidariedade que atesoura a comunidade somasca da Guarda. Parabéns a todos!
#escuelainfantil #educacióninfantil #educaciónprimaria #educaciónsecundaria #sosvalencia #colegiopadressomascos #fundacióneducere #unlugarparacrecer










