O alumnado do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, celebrou este mércores 30 de outubro o día do Samaín (Halloween), asistindo moitos deles disfrazados ao colexio. Nos días previos, como cada ano, decoraron as súas propias aulas, con especial atención ás portas; os nenos e nenas de Educación Infantil decoraron ademais, de xeito espectacular e terrorífico, todo o corredor. Este ano o colexio participou tamén no concurso de calacús organizado polo Concello, razón pola cal durante a semana estiveron decorado distintos tipos de cabazas. O último día, mércores 30, cada clase elixiu unha para representar ao cole, sendo despois todas transportadas ata a Praza de Avelino Vicente por una representación de alumnos do centro. Alí quedaron expostas as cabazas dos Somascos para ledicia das familias e demais viandantes daquel céntrico lugar.
#escuelainfantil #educacióninfantil #educaciónprimaria #educaciónsecudaria #colegiopadressomascos #fundacióneducere #samaín #unlugarparacrecer
