Os nosos grandes investigadores de 1º de ESO, remataron esta curta semana de xeito moi intenso: O luns participaron nun desafío contra 4º da ESO, no cal tiveron que demostrar as súas habilidades e destrezas no eido do Sistema Solar na materia de Bioloxía e como colofón ao traballo desta unidade empregaron o material de Robótica para representar o funcionamento do Sistema Solar na materia de Tecnoloxía.
#educaciónsecundaria #colegiooadressomascos #fundacióneducere #unlugarparacrecer







