O pasado 20 de outubro celebrouse o Domingo Mundial das Misións ou Domund. No colexio quixemos traballar esta campaña cunha actividade na que o alumnado de 4º ESO, organizado por grupos, encargouse de presentar dita misión ao resto de cursos a través dunha montaxe informativa. A continuación, cada grupo tamén lle facía entrega dun peto para as recadacións posteriores, adhesivos, sobres para decorar e etc. Igualmente, este alumnado foi o que pegou polo centro, días antes, carteis informativos e elementos que invitaban á comunidade a ter presente esta data de solidariedade.
#Domund #colegiopadresomascos #fundacióneducere #unlugarparacrecer #educacióninfantil #educaciónprimaria #educacionsecundaria







