Que está a pasar?

O alumnado de 1º de ESO, amosou a súa curiosidade e inquietude por investigar os fenómenos atmosféricos observados desde as xanelas da súa propia aula o pasado mes de setembro.
Así resolveron o misterio do Sol e da Lúa vermellos e a súa relación cos incendios de Portugal.
Investigaron que a superlúa da colleita trouxo un eclipse parcial e traballaron a través dos xornais como Galicia viviu as mareas vivas máis altas dos últimos 19 anos. Aínda que en A Guarda non se notou tanto, en localidades próximas como Baiona e Vigo a preamar chegou a unha altura de 4,6 m.
Seguiremos informando das investigacións do curso de 1º da ESO, que a día de hoxe xa teñen a súa mirada na Superlúa do Cazador do 17 de outubro.

#unlugarparacrecer #colegiopadresomascos #fundacioneducere #educacionsecundaria