Por segundo ano consecutivo, o traballo do alumnado da aula de Educación Especial foi galardoado na modalidade audiovisual do certame de Faro de Vigo.
O acto, celebrado este xoves 10 de outubro na Estación Marítima, contou coa presenza do Presidente da Xunta e outras autoridades. En representación do colexio, o grupo de 3º ESO acompañou aos alumnos autores do traballo, un vídeo titulado “ Bo Camiño e mellor xantar!”, consistente nunha reseña das delicias gastronómicas dos concellos do Camiño pola Costa.









