Charla sobre o helicóptero de rescate Pesca 1

O noso exalumno, Carlos, que hoxe en día, traballa como rescatador do helicóptero PESCA 1, visitounos para explicarlles ao alumnado de Ed. Primaria, en que consiste a súa misión: garantir a seguridade dos mariñeiros, loitar contra a contaminación, e contra a lacra do furtivismo.
Moitísimas grazas, Carlos!