O pasado 10 de maio tivo lugar na Delegación de Defensa, en Pontevedra, a entrega de premios do certame literario ‘Carta a una militar española’, convocado polo Ministerio de Defensa.
Para nós, esta foi a segunda ocasión na que concorremos ao concurso e, novamente, o traballo dunha alumna de 4 de ESO foi obxecto de recoñecemento, o que supón unha enorme satisfacción e orgullo.
O relato de Cayetana Berrecoso Alonso, moi emotivo, rende homenaxe á militar que salvou a protagonista da morte no contexto dunha cruenta guerra, logo de quedar orfa.
Noraboa, Cayetana, por nos conmover con tanto sentimento!



