Letras Galegas 2024

O 16 de maio, celebramos o Dia das Letras Galegas no noso centro. E fixémolo entregando os agasallos aos premiados no Certame de debuxo e literario X. Carlos Gómez Alfaro. A cerimonia arrancou cunha homenaxe a Luísa Villalta, coreando a información relevante da súa vida, xunto cun recital de violín a cargo de dous alumnos do centro, que interpretaron o himno galego en honra á profesora violinista da Coruña.