Eu, Ti, Nós na igualdade.

CPR Padres Somascos – Fundación Educere. Sesións dentro do programa de prevención das violencias e o fomento da Igualdade: Eu, Ti, Nós na igualdade.

O pasado 3 e 4 de maio, organizados polo Concello de A Guarda e en colaboración coa entidade Alalá S.Coop.Galega -cooperativa- que traballa no eido da educación ecosocial e a igualdade de xénero coas comunidades educativas-  leváronse a cabo obradoiros dentro do programa “Eu.Ti.Nós na igualdade” nos que o alumnado de Educación Primaria do noso colexio participou, cumprindo así co obxectivo de  fomentar a igualdade de xénero e previr as violencias nos colexios.