VISITA EXPOSICIÓN DE PINTURA (19 de abril)

Este venres 19 de abril de 2024 os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere visitaron a exposición de pintura aberta ao público na Casa dos Alonsos, sede do Concello. Trátase dunha mostra pictórica na que se expoñen os traballos dos alumnos –adultos e pequenos– da profesora de debuxo e pintura Águeda Suárez. Acudiron os nenos e nenas de Educación Primaria e da ESO, en quendas de media hora cada dous cursos, de xeito que todos puideron apreciar os estilos e temáticas dos alumnos de dita profesora, quen leva xa máis de trinta anos impartindo as súas clases.