O traballo diario pola inclusión nun centro escolar é de vital importancia para promover unha educación equitativa e igualitaria para todo o alumnado. Neste senso, o pasado 2 de abril levouse a cabo unha celebración na que se colocaron globos azuis, exhibíronse debuxos con mensaxes de concienciación, repartíronse lazos azuis á toda a comunidade educativa.
Esta iniciativa non só buscou conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, tamén pretendeu incidir sobre a importancia do respecto, a empatía, e o compañerismo.
A celebración do 2 de abril serviu como recordatorio de que temos que seguir traballando e para iso precisamos da participación e implicación de todas as persoas. Xuntos o lograremos!






