Este luns 18 de marzo, o alumnado de 6º de E. Primaria asistiu a unha charla informativa sobre as especies arbóreas orixinais das Rías Baixas. A charla foi impartida por un educador ambiental.Hoxe a actividade concluíu cun xogo “Viaxe ao corazón da fraga”. Co fin de consolidar a xornada de hoxe, realizarase máis adiante un roteiro polo Campus Lagoas-Marcosende.







