Visita a San Xerome

Este martes pasado, fomos moi afortunados por compartir experiencias inolvidables e que deixan pegada. O noso alumnado de 2º ESO e da aula específica de Educación Especial visitaron o Centro de Educación Especial San Xerome Emiliani (SanXe). Compartimos tempo de calidade, coñecemos o seu centro, xogamos ó bingo con temática de reciclaxe e o deporte estrela foi o Boccia. Grazas Sanxe; Dani, Jesús, Uxía, Marisa, Paula, Fabi, Simón…