CONCURSO DE RELATO CURTO COCA-COLA (7-8 de marzo)

O xoves 7 e o venres 8 de marzo de 2024 catro alumnos de 2º ESO do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere participaron no certame de relato curto que todos os anos organiza Coca-Cola; o xoves en lingua galega e o venres en lingua castelá. Eses alumnos foron: Mario Baz Álvarez, Alberto Berridy Pérez, Inés Cividanes González e Daniela Pacheco Vega. A actividade discorreu nunha plataforma dixital na que todos os participantes escribían á vez, á hora e no tempo que tiñan estipulado. Os nosos realizaron as súas creacións na biblioteca do centro, e este ano o estímulo creativo que lles mandaron para espertar a inspiración de cara a creación do seu relato foron dous poemas: un de Marta Dacosta para o relato en galego e outro de Federico García Lorca para o de castelán.