8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O alumnado de 3 e 4 de ESO asistiu esta mañá ao acto conmemorativo do Día Internacional da Muller organizado polo Concello, sumándose así á loita pola igualdade de xénero e á celebración dos logros das mulleres en todas as esferas da sociedade. Abriu o evento a cantora e compositora Najia Shami, filla da mestizaxe palestina e galego-arxentina, cunha emotiva intervención musical.O acto continuou coa lectura de manifestos por parte de representantes das formacións políticas que conforman a corporación local, tralos que se deu paso ao alumnado dos tres centros educativos asistentes.En representación do noso colexio, catro alumnos/as de 4 ESO deron lectura ao seu manifesto, elaborado na clase, incidindo nos logros acadados a prol da igualdade e na necesidade dun compromiso colectivo para que esta sexa global e efectiva. Os acordes da guitarra e a voz de Najia Shami puxeron o broche final a esta xornada de celebración, compromiso e esperanza nun futuro de igualdade. #8M #DíaInternacionalDeLaMujer #IgualdadDeGénero #ColegioComprometido