Co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de primaria do colexio PP. Somascos-Fundación Educere sumouse a esta celebración cunha serie de actividades destinadas a promover a igualdade de xénero, dar a coñecer o papel fundamental das mulleres no campo científico, inspirar e empoderar as futuras xeracións de científicos e científicas.
Nela, proxectáronse inspiradores vídeos que salientaban o labor de mulleres senlleiras no eido da ciencia, desde pioneiras na medicina ata visionarias da astronomía.
O enfoque práctico da iniciativa evidenciouse na participación do alumnado que, en grupos, investigou sobre a contribución das figuras elixidas e elaborou fichas cos seus datos biográficos, logros e recoñecementos. Unha vez recompiladas todas as reseñas redactadas, elaborouse un impresionante mural na entrada da biblioteca.


