Saída ao teatro de 3º e 4º de primaria

O alumnado de 3º e 4º de primaria viaxou ata Vigo co fin de disfrutar da obra de teatro HUGO, que aborda o espectro autista na infancia con sensibilidade e empatía, que fala da beleza de ser diferentes.
Conta a historia do neno Hugo, que ten TEA e a quen lle gustan os avións e tocar o piano.
Destacamos que esta obra teatral foi premiada co Premio María Casares como mellor obra para o público infantil e familiar non ano 2022 Dende aquí queremos dar as grazas a todos os que nos permitiron disfrutar destes 50 minutos de emoción en forma de diversidade.