Este venres 23 de febreiro de 2024 o Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere conmemorou o día de Rosalía de Castro, a máis senlleira escritora galega de todos os tempos. Por tal motivo se lle fixo unha homenaxe baixo o lema «Unha aperta a Rosalía», atendendo ao lema do colexio deste ano: «abrazo o respecto». Para elo nos diferentes cursos se realizaron actividades en liña, debuxos, recitado dos seus versos, etc. E finalmente todos os alumnos elaboraron unha careta personalizada da propia Rosalía coa que culminaron a celebración deste día.











