Pechamos esta semana tan intensa celebrando con moita ledicia a chegada do Entroido. Ao longo de toda a semana cumprimos con esmero as ordes do Mandato do Meco e divertímonos moito con disfraces moi creativos e orixinais. Incluso nesta xornada recibimos con cariño a un avoíño moi especial que andaba algo perdido polo noso cole. Feliz Entroido 2024!





















