Este martes 30 de xaneiro de 2024 os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere celebraron, coma sempre, o Día Internacional da Paz. Na semana previa elaboraron, en obradoiros de manualidades, unha Pomba da Paz por curso, as cales foron logo expostas, o propio día 30, no patio cuberto do colexio como homenaxe da comunidade educativa a este día tan importante. A xornada comezou a primeira hora cunha sinxela oración que serviu para tomar conciencia, un ano máis, da importancia de vivir en paz en todos os ámbitos da vida.








