CARREIRA ESCOLAR “XOGADE” (11 de xaneiro)

Este xoves 11 de xaneiro os alumnos de 5º e 6º de E.P. do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere participaron nunha carreira escolar celebrada en Baiona, concretamente na zona da praia Ladeira. Esta carreira forma parte do programa XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) da Xunta de Galicia, unha iniciativa para fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade. Os escolares tiveron así a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comarca. Clasificábanse os oito primeiros de cada categoría para a fase seguinte. Os Somascos competiron nas categorías alevín e infantil, quedando oitavo na categoría alevín Marco Rodríguez Souto de 5º EP., quen recibiu un diploma. Pero o máis importante é que foi un día de convivencia e divertimento para os nenos e nenas que participaron, e tamén de encontro con outros amigos e coñecidos dos colexios da localidade. Unha experiencia moi gratificante para todos.