Un ano máis os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, así como toda comunidade educativa e os guardeses en xeral, están a disfrutar do Belén Navideño do P. Vidal. Este ano o máis novidoso é a cheminea que bota fume, a ventá que abre e cerra e o Anxo que aparece e desaparece na cova da montaña. O belén está situado coma sempre no salón de entrada do Colexio, xusto debaixo das escaleiras que dan acceso ás aulas de Primaria e Secundaria. E sen dúbida os que o máis o saborean, a tenor das súas cariñas, son os alumnos máis pequenos do colexio. Grazas P. Vidal!!!






