OS SOMASCOS CONTRA O BULLYING (4 decembro)

Este luns 4 de decembro, ás 4 da tarde, e como estaba previsto, tivo lugar no Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere un encontro, aberto ás familias, co escritor Álex Alonso, autor do libro Bullying. Foi en si un acto académico xa que asistiron todos os alumnos da ESO en horario escolar. Eles mesmos presentaron o evento e ao autor, quen agradeceu enormemente a presenza de tantos mozos e mozas, que ademais se leran o seu libro; non en van o texto fora seleccionado polo Equipo de Dinamización Lingüística como obxecto de traballos curriculares e probas académicas. A continuación iniciouse unha rolda de preguntas que os alumnos tiñan preparadas para facerlle ao autor, a cal resultou moi amena a interesante. A continuación interveu a psicóloga do centro para recordar que este acto enmárcase na campaña que está levando a cabo o colexio PP. Somascos contra o bullying ou acoso escolar, no marco do seu Plan de Convivencia. Interveu tamén unha nai agradecendo esta experiencia co propio autor desexando que poida ser de utilizade no futuro para a xuventude de hoxe en día. E finalmente na despedida houbo un recoñecemento á profesora de Galego como artífice da iniciativa, quen ofreceu uns agasallos ao autor invitado Álex Alonso. Rematado o acto os alumnos formaron unha longa fila para que o escritor lles firmase os seus exemplares. Se dúbida unha xornada cargada de emotividade e concienciación para os mozos e mozas alí presentes.