Este venres 1 de decembro o alumnado do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere iniciou o tempo litúrxico do Advento co prendido da primeira das «candeas do Advento» que se van a acender, á hora de entrada, dende este día ata as vacacións de Nadal. A tal fin, reuníronse no salón de entrada catro cursos de Primaria, léndose previamente a lectura adaptada deste primeiro domingo de Advento. Encargouse de dita lectura a alumna de máis idade dos catro cursos, e do prendido da chama o de menor idade. O acto resultou moi emocionante para todos, xa que marcaba o inicio do período preparatorio para a festa do Nadal, ou sexa, o nacemento de Xesús.






