DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO (25 novembro)

Os alumnos de 2º ESO do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere–, asistiron este martes 28 de novembro a un obradoiro organizado polo Concello da Guarda para a conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero (25N). Dito obradoiro, que tivo lugar nos baixos da casa dos Alonsos, consistiu en varias actividades lúdicas pensadas para coñecer as diferentes modalidades de violencia que se poden exercer contras as mulleres no ámbito laboral, familiar e social. Violencias que moitas veces pasan desapercibidas, e que é necesario identificar cando se producen. Ademais, na semana anterior todos os alumnos do colexio elaboraron un lema en positivo para a ocasión, un por cada clase, o cal se pegou na porta das aulas. E na mañá do venres 24 se recolleron todos para conformar un único lema que foi exposto na baranda do patio para compartilo con toda a comunidade educativa. Os alumnos da 4º ESO tamén colocaron carteis alusivos ao 25N polos corredores do colexio.