Hoxe, día 22 de novembro, conmemórase o Día da Música, en honra a Santa Cecilia, patrona da Música. Dende o centro queremos compartir con toda a comunidade educativa unha mostra das actividades coas que o alumnado de Educación Infantil aprende e vivencia a música. Traballamos a audición, o ritmo, a melodía e o movemento, a través da metodoloxía Willems.
Respecto á audición, un dos exercicios favoritos do alumnado consiste en recoñecer un instrumento ou secuencia de instrumentos entre varios. Para iso empréganse campás, silbatos ou instrumentos Orff (triángulo, crótalos, pandeiretas, claves…). O alumnado experimenta o son percibindo nas súas propias mans as vibracións do instrumento (triángulo) ou a altura (frauta de émbolo). É a mellor forma de comprender a produción do son.
O canto é fundamental durante toda a nosa vida. Por iso é un dos pilares básicos na súa formación musical. Dúas das cancións favoritas do alumnado son “La hormiguita Doña Inés” y “La colita del ratón”. Coa primeira traballamos os modos maior (alegre) e menor (triste); os acordes do teclado son clave para percibir a diferencia. Coa segunda pódese comprobar como se traballa a audición interior cando palmean o ritmo. Está completamente integrado.
A vivenciación da música a través do movemento é moi importante. Dramatizan as personaxes das cancións e interiorizan conceptos como forte e suave, rápido ou lento.Que mellor forma que aprender divertíndose?
Feliz Día de Santa Cecilia, Día da Música!









