Os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, celebraron este martes 31 de outubro o día do Samaín (Halloween), asistindo moitos deles disfrazados ao colexio. Estiveron preparando este día dende a pasada semana. Para elo os nenos e nenas de cada ciclo decoraron clases e corredores cunha temática diferente: Educación Infantil “A Cova das bruxas”, Educación Primaria “O monte dos calacús”, e a ESO “O cemiterio do terror”. Tamén se fixo un concurso de conxuros, sendo elixido primeiro un por cada clase en votación interna, expoñéndose despois os escollidos nun espazo da entrada para que un xurado premiara os máis orixinais. Os premiados foros os conxuros de 6º EI, 1º e 4º de EP, e 2º e 4º da ESO. Ao final, todos pasamos unha terrorífica xornada de Samaín para ledicia da comunidade escolar no seu conxunto.









