No marco do plan dixital do centro, temos previsto mellorar a dixitalización das aulas coa incorporación de pantallas dixitais. Con este fin, o colexio solicitou as axudas ofertadas pola Xunta de Galicia para a adquisición de ditas pantallas, a cal estaría financiada pola Unión Europea cos Fondos NextGenerationEU dentro da estratexia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, permitindo aproveitar os recursos tecnolóxicos para a mellora e avance cara unha educación de calidade que se reflicta nos procesos de ensinanza e aprendizaxe a través da disposición tecnolóxica, posibilitando un desenvolvemento competencial no alumnado que abrangue todas as competencias do currículo e, especialmente, na competencia dixital, tan necesaria para unha integración adecuada na sociedade e no mercado laboral do século XXI.
#PlandeRecuperación #NextGenerationEU



