Despois da espera, por fin chegou o gran momento! O pasado martes estivemos encantados de recibir o premio da segunda edición do concurso “Escola en Camiño” de Faro de Vigo, na modalidade de audiovisuais. Pasámolo moi ben na viaxe ata a Vigo e por suposto tamén no acto celebrado na Estación Marítima.




