Os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, conmemoraron este mércores 27 de setembro de 2023 o Día de Santa María Nai dos Orfos, festividade cristiá que nos traslada ao 27 de setembro de 1511 cando o noso padroeiro San Xerome Emiliani recuperou a liberdade en tempos de conflito grazas á Virxe María. Este día tan especial para a comunidade somasca, converteuse un ano máis na inauguración oficial do curso escolar. Consistiu nunha convivencia fóra do centro, no “Montiño”, onde o P. Vidal deu unha charla para explicar que se celebra nesta xornada e por que. A continuación, co alumnado xa organizado en grupos e camisetas de diferentes cores, levouse a cabo a merenda e os xogos. Convivencia, diversión e reflexión marcaron así o punto de partida deste novo ano escolar 2023-2024.











