Estamos de noraboa!

O traballo de redacción da alumna Isis González Velasco (4 ESO), recoñecido cun accésit na X edición do certame literario “Carta a un militar español”, convocado polo Ministerio de Defensa.
O seu ensaio consistiu nunha reflexión sobre o labor e servizo dos membros das forzas armadas, aos que agradece a súa vocación, entrega e sacrificio alén do terreo profesional.
A cerimonia de entrega de premios e diplomas tivo lugar na Subdelegación do Ministerio, en Pontevedra, e formaba parte doutros actos protocolarios nos que, ademais, se outorgaron recoñecementos castrenses a membros das forzas armadas e institucións civís, así como unha homenaxe aos militares falecidos en acto de servizo.
Previamente, as catro alumnas seleccionadas tiveron a oportunidade de ler as súas producións e participar nunha breve entrevista, xunto coas profesoras acompañantes, que será retransmitida pola COPE e en podcast.