Esta semana dentro do programa Revitaliza da Xunta de Galicia, os alumnos de 6º Educación Infantil, recibiron a visita de Rocío que nos ofertou a actividade titulada: “A tribo dos Ecobechos”.
Deixounos moitos materiais para explicar aos rapaces o proceso da compostaxe; sirvan como exemplo, o conto da Granxa de Purrucha, peluches da Ra Bailarina e o Becho Bola, arañas e miñocas de plástico, caixas máxicas que reciclaban plásticos, papeis, chapas…
O alumnado aprendeu nesta xornada a contribución da compostaxe á sostenibilidade.
Moitas grazas, Rocío!









